1º CURSO

13 de marzo_ 2023
Xa sabemos moitas cousas de música así que chegou o momento de empezar a tocar os xilófonos e os metalófonos. Nas próximas semanas interpretaremos a seguinte peza.

12 de decembro _ 2022
Está aquí o Nadal e con el as panxoliñas. Un aplauso para estes e estas artistas.

4 de novembro _ 2022
Que ben cantan as rapazas e rapaces de 1º B! Hoxe interpretan a canción "O señor da serra".

24 de outubro _ 2022
Estamos na semana do terror e nótase. Mirade que ben interpretan os nenos e as nenas de 1º A a banda sonora da película da familia Addams.

8 de setembro _ 2022

9 de maio
Unha vella tiña un can. Migallas 

25 de abril
Musicograma: Back in back
18 de abril
Voltamos de vacións con moitas forzas. Esta semana imos bailar e cantar a canción "O señor da serra" e "O zoo dos nenos".



21 de marzo
Ritmo e movemento con goma elástica
Esta semana comezamos facendo ritmos e bailando. Preparados e preparadas que imos alá!


14 de marzo
MI ou SOL

Que ritmo soa?
7 de marzo
Nota Sol
Xa coñecemos a nota MI. Esta semana aprenderemos unha nova nota: a nota SOL.

                       
MI ou SOL?
A ver se xa as diferenciamos...

Instrumentos musicais
Imos escoitar algúns instrumentos. Seredes capaces de identificar cal é cada un?

E agora que xa sabes como soan, practicamos a escribir os seus nomes. Ánimo!
PERCUSIÓN CON BAQUETAS
31 de xaneiro
Repasando os ritmos

A nota MI
Comezamos coas notas musicais. A primeira que imos coñecer é a nota MI.

17 de xaneiro
O 30 de xaneiro celebramos o día escolar da non violencia e a paz e, como cada ano, comezamos xa a preparar unha canción que todo o cole interpretará o día da conmemoración.
Este curso a canción escollida foi a de "Terra" do grupo Tanxugueiras.
A profe Inés preparou esta coreografía tan chula. Animádesvos a bailala con ela?


Se queredes escoitar a canción coa letra podedes facelo dende aquí.


E por que non acompañala con percusión corporal seguindo o seu musicograma? Veña que podemos!


10 de xaneiro
Marcha turca

29 de novembro
O meu nadal perfecto
Esta semana comeza decembro e con el chega...o Nadal!!!! 
Pero tamén é un mes moi especial porque o 3 de decembro celebramos o DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Así que, unindo estas dúas celebracións imos cantar esta panxoliña con lingua de signos.
A ver que tal se nos dá.




Pesdelán

22 de novembro
Instrumentos de pequena percusión
Xa os tocamos todos. Seredes capaces de recordar os seus nomes?

Percusión con rotuladores
Move o cu

8 de novembro
Cocorico
Esta semana coñeceremos a Cocorico, un poliño moi valente. Queres saber máis da súa historia?

Xa sabedes que todos os nosos amigos teñen unha canción. Imos cantar e bailar a de Cocorico.


Ritmos con among us
Momento de repasar os ritmos de negra, corchea e silencio de negra con Among US e cun novo instrumento: o pandeiro!

Discriminación auditiva
Agora imos abrir ben as orellas para resolver esta ficha na que teremos que diferenciar os sons longos dos curtos.

1 de novembro
Mariluz a avestruz
Esta semana imos coñecer a Mariluz. Unha avestruz que está moi orgullosa da súa cola. Ata que un día lle pasa algo co que non contaba. Queredes saber o que foi?


E se acompañamos esta canción cun novo instrumento? 
AS MARACAS!

O pentagrama
Mariluz vainos ensinar donde se escriben as notas. E repasaremos con ela a clave de sol.

25 de outubro
Tempo de Samaín - Os cazapantasmas
Animádesvos a buscar pantasmas seguindo este musicograma. 
Temos que seguir o ritmo con palmas e bailar... Cazar pantasmas non é nada fácil!!!

Estamos en outono 
A cantar!

Discriminación auditiva

18 de outubro
A clave de sol
Este debuxiño é moi especial. Grazas a el as notas teñen nome, así que é como unha chave máxica que nos permitirá facer música. É a CLAVE DE SOL!!!!
Imos prácticar un pouco para que nos saia perfecta.
Esta semana coñeceremos ao Lobo Feroz

O Lobo Feroz tiña moooooiiiita fame. Cruzouse cun montón de animais aos que intentou comer. Se queredes saber como lle foi, pinchade no vídeo.

                                    

13 de outubro
O instrumento que coñeceremos esta semana é o TRIÁNGULO!
Con el tocaremos os seguintes ritmos e repasaremos as negras, as corcheas e o silencio de negra.

                       

Ademáis deberemos de identificar cal soa en cada momento escoitando os audios. Estade moi caladiños e caladiñas e prestade moita atención!

4 de outubro
A semana pasada tocamos a caixa chinesa.
Esta semana aprendemos a tocar un novo instrumento: as claves!


Ademáis coñeceremos a Paco Papán. 
Estade moi atentas e atentos á súa curiosa historia.



E por suposto, á súa canción. Clarexade a gorxa e estirade os músculos para cantar e bailar a canción de Paco Papán.



27 de setembro
A semana pasada camiñamos pola aula seguindo o ritmo que marcaba o bombo. Esta semana descubrimos que estabamos utilizando figuras musicais sen darnos conta. Imos ver como se chaman.
E nada mellor que poñelo en práctica tocando coa caixa chinesa esta peza de salsa que bailaremos ao mesmo tempo. Atención que comezamos!!!!
                     

20 de setembro

E se nos marcamos un novo baile?

13 de setembro

Comezamos o curso cun xogo musical. Atréveste a probalo???


Non podemos marchar da clase de música sen botarlle un baile. Busca parella que comezamos!

9 de setembro
JUST DANCE
Chegou a última clase do curso. Que tal se o rematamos por todo o alto con este xogo que nos vai facer mover o esqueleto???
O crocodilo
Repasamos as figuras
Negra, dúas corcheas, silencio de negra e branca.
 
Musicograma
Neste musicograma imos traballar os ritmos con percusión corporal pero tamén recordaremos as diferentes velocidades que pode ter a música e os matices entre suave e forte.
Preparados e preparadas para seguir o musicograma???? Imos alá!




O mar cos nosos debuxos
Xa está aquí a canción do mar cos fantásticos debuxos que prepararon todos os nenos e nenas de 1º. Fantástico traballo rapazas e rapaces!


Percusión corporal
E xa para rematar a clase ímosnos mover un pouco con esta peza de percusión corporal para repasar negras e corcheas. Preparados e preparadas que imos alá!


Como axudas ti a coidar o noso planeta?
Na canción "O veleiro verde" xa vimos que a Terra está en perigo. Que fas ti para botarlle unha man e ir subido no veleiro verde?


Atréveste a facer o teu barco de papel?


O veleiro verde
Seguimos coñecendo a María Fumaça. Esta semana traballaremos coa canción "O veleiro verde" que nos recorda a importancia de coidar do noso planeta.


Vals das flores

Sol ou MI

Grave ou Agudo?
MANOLA

Coñeces a Perico Pérez?

A altura: Agudo e grave

A intensidade do son: forte e piano

Coñecemos a BRANCA

Seguimos repasando MI e SOL

OS INSTRUMENTOS DE CORDA


O MAR
A próxima semana celebraremos o día do libro e posto que o proxecto da bibioteca deste curso é o mar, os nenos e nenas de 1º non queremos deixar de poñer o noso pequeno gran de area.
Durante esta semana traballaremos esta canción e prepararemos as nosas propias ilustracións para acompañala
Seguro que quedan xenial!


Ditados rítmicos

REPASO NOTAS "SOL" E "MI"
O rato e o gato
Esta semana imos coñecer a historia do gato e o rato que se fixeron os mellores amigos. Queres saber como é que esto puido suceder?

 Os instrumentos de vento
 


Día de Rosalía
Esta semana celebramos o día de Rosalía de Castro, igual que todos os 24 de febreiro. Aí vai a nosa homenaxe.
E para facer karaoke cantando ben forte...


Chegou o entroido
Xa estamos en entroido así que esta semana traballaremos coa obra de Saint Saens: O carnal dos animais. En concreto co movemento do León.



Os instrumentos de percusión
Agudo ou grave
CORRE CORRE, CABACIÑA
A avoíña desta historia ía á voda dunha neta, pero o camiño para chegar non foi nada sinxelo. Queredes descubrir que lle pasou?



DIA DA PAZ
O 30 de xaneiro celebraremos o día da Paz así que xa imos ir aprendendo a canción que escollemos este curso para cantar todos xuntos: Cantarela dos nenos.



Xa estamos de volta
E vimos con enerxías renovadas despois do descanso de Nadal.
Os amigos que coñeceremos esta semana son dous e son moi especiais porque están moi namorados, pero é unha historia de amor un pouco rara.
Invitámosvos a coñecela.


Ditado de sons
A ver como andamos de recoñecemento de sons de animais... Atentas e atentos que comezamos...


Ritmo
Agora imos practicar un pouquiño de ritmo coas figuras musicais que xa coñecemos: a negra, as dúas corcheas e o silencio de negra. Preparados e preparadas? Imos alá!
Tipos de voces
Prepara ben as orellas porque agora imos facer unhas cantas audicións. Na seguinte actividade teremos que diferenciar as voces de home das de muller. Serás capaz?
Chegou o Samaín
O amiguiño de hoxe ides ser vós quen mo presentedes a min.
Parece ser que hai un monstro na lavadora. Eu aínda non o vin. Como pensades vós que é?


Ollo de vidro
Rematamos a clase desta semana acompañando esta canción con pequenas frases musicais con negras, corcheas e silencios de negra. Vamos alá que xa nos saen!!!

O camaleón
 Chámase Ramón e é o máis guapo da aldea. Esta semana coñeceremos a este camaleón tan simpático que nos explica que un león nunha cama non é un camaleón. Listos para cantar?

E se o que queredes é dalo todo na versión karaoke aquí a tedes:


Chocolata
Esta semana imos coñecer a historia desta hipopótamo tan especial que marchou de visita á cidade. Que lle pasaría alí?



O gato
O amiguiño que coñeceremos esta semana ten uns longos bigotes é doce e suave. Adiviñades que animal pode ser?



Os amigos do mar
Esta semana non coñecemos un só amigo, se non unha chea deles. Eso si, viven todos no mesmo lugar: NO MAR!
Neste libro coñecemos a todos estes animaliños:
Animádevos a escoitar a súa historia.
Percución corporal marcha "O crebanoces"

Se pinchas no seguinte vídeo poderás acompañar esta famosa marcha con percusión corporal. 


Preséntovos ao meu amigo Casimiro

Casimiro é un amigo moi especial, porque non é unha persoa... é un elefante!!!
Se queres coñecer máis cousas sobre el, pincha no vídeo e prepárate a cantar.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.